Estas rapazas chegarán moi alto / Xosé Cermeño Baraja
por Cermeño, Xosé (1959- ) [autor/a]
; Novoa, Teresa [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | CEIP Plurilingüe Concepción López Rey Sala préstamo | 82 N CER xos | Dispoñible | LEC087000000460 |
|
Clara acompaña ó seu pai, don Pepe, nunha visita á catedral de Compostela. Alí fai amizade con dúas xemelgas. Era día de exhibición do botafumeiro, pero ese día pasou algo extraordinario: rachouse a corda, e o botafumeiro saíu a escape pola porta da Acibechería, ¡levando con el a Clara e máis ás dúas xemelgas! Mentres as autoridades se poñen máis ou menos de acordo para formar un "Gabinete de Asuntos Botafumantes", Clara e as xemelgas descobren que teñen compaña na súa viaxe: a señora Lirón, que coida o sono do seu lironciño. Cando o botafumeiro coas súas viaxeiras acada xa as costas de Irlanda, onde saúdan a Tremendo Peter, o home-canón, o Gabinete aínda non deu atopado a solución para facelo regresar, e os xornalistas entrevistan a todo quisque sobre a nova máis espectacular dos últimos días. Cando os cálculos matemáticos do asesor do Gabinete sinalan que deben andar camiño de Arabia, as rapazas voadoras atopan ó nubeiro, quen lles di que van en dirección ó Polo Norte. O bibliotecario don Aurelio Carabañas descobre un misterioso libro titulado Tratado secreto para o goberno dos botafumeiros, pero non dan co xeito de lelo e interpretalo ata o final. As rapazas terán que atopa-la maneira de regresar, e atoparana coa axuda da señora Lirón e mailo nubeiro...
5º-6º Primaria